A información sobre as igrexas foi obtida na web de turismo do concello de Cuntis: http://www.turismodecuntis.com/patrimonio.php

viernes, 31 de mayo de 2013

Arquitectura tradicional e moderna

Arquitectura tradicional e moderna

Casa tradicional





Esta casa antiga que se atopa en A Patela foi restaurada fai trinta anos e que actualmente é unha vivenda.
Está feita na súa maioría de pedra do país, o tellado é de tella tradicional. A casa ten tres plantas. Dispón dun balcón, unha terraza, garaxe, bodega... e outras estruturas externas como un hórreo.


Edificio moderno



Edificio que se atopa á entrada de Santiago de Compostela. Ten unha estrutura de formigón recuberta por planchas de madeira.  Esta estrutura caracterízase por estar formada por formas moi rectilíneas.
  


Fadi Abdulkader Sande




Casa tradicional e casa moderna

Casa tradicional e casa moderna de Sebil


  • Casa tradicional











Casa tradicional galega reformada con ladrillos e con revestimento de pedra.
Tellado de tella, na parte de atrás ten un balcón.



  • Casa moderna










Casa moderna feita con ladrillos e pintada de vermello e amarelo.  O que máis destaca dela son algunhas das poucas cousas tradicionais que ten. Na planta baixa da casa ten unha bodega.


  • Cristina Rodríguez Brea

Casa tradicional e casa moderna

Casa tradicional


Casa tradicional, que ten un muro e unha cheminea feita de pedra. A casa esta feita de pedra e cal. A tella e do país e aínda conserva as ventás e as portas de madeira.É de dous pisos, ten un balcón.No medio ten un pequeno patio.

Casa moderna

Casa moderna, feita de ladrillo decorada con pedra , tella do país e uralita vermella. Só ten ventás no tellado e na parte inferior da casa está o garaxe, ten unha cheminea feita de pedra e ten unha piscina e un amplo xardín. 


  • Francisco Núñez Campos 3ºA
CASA TRADICIONAL E CASA MODERNA
CASA TRADICIONAL

 Casa tradicional galega reformada dende hai pouco de pedra cun muro deste mesmo material arredor dela.
Situada na pena de vilabar. tellado de tella e pequenas ventanas con algun balcon.

CASA MODERNA



Omix de cuntis un edifio moderno con tellado plano e grandes cristaleiras

Feito por: Natalia Camiña Ferreiro

Dende o tradicional ata o moderno

tradiciona


Casa típica galega, arrodeada dun muro de pedra, con porta de madeira e tellado de tella antiga. Dispón dunha cheminea e ten unha gran finca na que se atopa un hórreo. Está actualmente en proceso de restauración.

moderna


Casa moderna que se atopa na zona de A Estrada feita fai pouco. Ten diversos ventanais, un balcón e unha porta de garaxe automatizada, ademais dun xardín pequeno que se atopa na entrada da mesma. Ten dúas plantas, aparte do baixo. Como se pode ver, a casa non integra no medio debido aos seus ventanais e portas azules, que contrastan co verde da natureza.

Feito por Aarón Rey Blanco - 3ºB 

Casa tradicional e casa moderna

Tradicional

Casa feita fai moitos anos, nn se sabe a data exacta porque é moi vella, ten unha especie de tellado que lle sale para a fora agarrado por dous postes de madeira, actualmente nn habita ninguén nela, utilízase para gardar as galiñas.




Moderna



Casa moderna feita fai case uns uns 6 anos, ten un pqueno porche cun gran xardin e por detrás un garaxe para os coches.






Feito por: Adrián Senín Abalo 3ºB

Casa tradicional e moderna

CASA MODERNA


 Casa moderna, con tellado de dúas augas, feita de pedra. Ten varios ventanales e varios balcóns que dan ao norte e ao sur, cheminea utilizada para as dúas plantas. Amplo xardín con piscina. Cerrada cun muro de pedra e garaxe automático. Desentona co entorno polo seu aspecto moderno.

CASA TRADICIONAL


Casa tradicional galega, feita de perpiaño, con portal de madeira, un muro de pedra e un tellado de varias augas con tella antiga; ten unha cheminea. No interior da finca ten un hórreo e unha gran extensión de finca. Atópase actualmente en proceso de restauración.

Feito por: Alexandre Gosende - 3ºB

Unha casa tradicional e outra moderna!

CASA TRADICIONAL









Casa tradicional situada en Furco centro! Esta casa esta feita de pedra e formigón, restaurarona fai un ano xa que a casa tiña moitos anos. Contén 2 plantas e do outro lado ten un xardín e o garaxe. Tellado de tellas. Polos lados e mais ampla e alta, aproveitando isto, cara a esquerda na primeira foto, subterraneamente teñen unhas cortes para as vacas, porcos e cans. 


CASA MODERNA











Casa tradicional ao oeste de Furco (200 metros da miña casa á esquerda)! Casa feita fai escasamente 2 anos. Esta feita de formigón, e na entrada e polos laterais ten vigas verticais. So ten unha planta (creo) pero e moi longa. Bastantes fiestras e portas, o tellado e de tellas normais. A esquerda ten un garaxe e ten un patio amplo para os rapazes.






Escrito por: Juan E. Fuentes Castro 3ºA
Fotos de: Juan E. Fuentes Castro 3ºA




CASAS MODERNAS E TRADICIONAIS


CASA TRADICIONAL






Casa tradicional feita por pedra de dous pisos,duas portas unha traseira e outra dianteira con ventás.Unha porta de ferro que por diante ten unha costa baixa de cemento e ao lado unha pequena parra de viño.



CASA MODERNA




Casa moderna con duas chemineas un porche dianteiro e outro traseiro con dous pisos,un sotano e un muro de pedra con un portal por diante.Tamén ten escaleiras e moitas ventás.Está situada entrando en Cuntis.


Traballo feito por : Lucía Calviño López 3ºA

CASA MODERNA E TRADICIONAL

                                        casa moderna 



Casa moderna  feita de pedra recuberta de ventanas e  4 balcóns, formado por 2 plantas e un garaxe.
CASA TRADICIONAL






Casa con dunha simple planta.Feita de pedra ,  con tellado de tella. Ten 2 ventas e una entrada exterior cara o xardín.


De: Isabel Fernández Piñeiro 3ºA

Casa tradicional e moderna

CASA MODERNA



Casa feita nos últimos anos, con tellado de tella, e 2 plantas, con garaxe.

CASA TRADICIONAL

Casa de pedra antiga, na que se combina unha casa cunha carpintaría.

Ernesto Giménez García. 3ºB

Casas modernas e tradicionais.

CASA TRADICIONAL




 Casa tradicional situada na Louriña. Feita de pedra. Conta con 3 ventás dianteiras e 2 situadas no lado dereito . Ten 2 pisos, encóntrase en proceso de restauración, actualmente estase restaurando a fachada.

EDIFICIO MODERNO


Edificio conocido como OMIX, situado en Cuntis, na rúa do Espadenal. Conta con ordeadores de uso público, unha oficina de información , unha sala para actuacións, ensaios, etc , e tamén se imparten clases de música.


Traballo feito por: Jennifer Couso Hermida, 3ºA

jueves, 30 de mayo de 2013

Casas modernas e tradicionais


CASA MODERNA



Casa moderna con tellado de tella vermella , e toda recuberta de madeira e unhas pequenas ventanas aos lados e dous balcóns un dianteiro e outro traseira con un garaxe debaixo da casas de pedra.


CASA TRADICIONAL






Casa con dúas plantas.Toda feita de pedra e ata con plantas na pedra. A parte inferior ten  duas ventas, unha porta feita de madeira pintada de verde , ten tamen duas ventas na segunda planta e unha cun pequeniño balcon. Xa esta algo desfeita por que ten mais de 50 anos. 



Feito por Jessica Magariños 

Casas modernas e tradicionais

CASAS DE CUNTIS
                                         
                                                                      Moderna


Edificio actual de catro plantas e aparcadoiro subterraneo  cunha estructura rectangular, construido cunha base de ferro e recuberto de hormigón . Cada planta consta dunha cristaleira que da ao salon e unha venta pequena para a habitación principal. 


                                          Tradicional
Casa restaurada neste ano con dúas plantas, na parte superior ten tres ventas que dan a tres dormitorios. A parte inferior ten unha venta unha porta e unha falsa porta xa que non se lle permitiu poñer unha venta. Feita de pedra recuberta por diante de hormigón e pintado de amarillo, deixando o lateral esquerdo sen pintar. Ten un gran garaxe na parte dereita pero habilitada para poder ter animais alí. Estase a construir nese gran xardín unha piscina e un parque para os seus rapaces.


  • Roi Fuentes Pereiras

CASAS DE CUNTIS

MODERNA
Casa moderna con tellado de tella vermella . A 1ª planta ten estructura de cubo feita de pedra lisa,      con unha porta ancha e alta coma a altura desa planta e, con unha ventá grande que  ilumina o edificio interiormente . A 2ª planta ten estrutura de rectangulo  con ventas que iluminan o edificio. Tamen ten xardín e na parte traseira ten unha piscina

ANTIGUA
Casa antigua restaurada con tellado de tella vermella composta por pedras pegadas con barro (outras con cemento),formada por unha entrada a casa feita con pilares e un  tellado de tella vermella , a casa tamen ten un cuberto con cortes e un palleiro.

David García García, 3ºA

CASAS TRADICIONAIS

CASAS DE CUNTIS

CASA TRADICIONAL
Actualmente restaurada; con tellado de tella e muro de pedra. A zona de pedra é a parte vella, a branca, é unha ampliación que se fixo. A casa ten forma cadrada.

CASA ACTUAL
Esta é unha edificación de forma cúbica, habilitada para clases de música, clases de informática, actuacións, concertos de música e tamén é unha oficina de información. Esta estructura é coñecida coma "OMIX".

Simón López Baños, 3ºB.

lunes, 6 de mayo de 2013

UNHA CASA TRADICIONAL E OUTRA MODERNA

Para o 31 de maio tedes que subir ao blog as fotografías dunha casa tradicional de Cuntis, explicando os materiais, estructuras,... e fotos de unha casa moderna que destaque pola súa "fealdade"

Este traballo é individual, non en grupo.

martes, 30 de abril de 2013

IGREXAS DA ANLLADA, PORTELA E CUNTIS

CAPELA DE S. RAMÓN DA ANLLADA

Na freguesía de San Breixo de Arcos de Furcos, no lugar da Anllada, a ermida do San Ramón é a capela de Cuntis construída máis recentemente. Parece ser que foi trasladada das terras estradenses de Vea polo seu crego, D. Ramón de Valenzuela e Carbajales.

Trátase dun templo de considerábeis dimensións, de características arquitectónicas austeras -propias do neoclasicismo- localizado ao carón dun fermoso cruceiro -onde unha dolorosa sostén a espada que lle traspasa o peito- e nun extremo da carballeira da Anllada, onde todos os anos se celebra a romaría na honra do San Ramón.

 Parte frontal da capela
 Parte frontal da capela co cruceiro ao lado
 Interior da capela

 Lateral da capela
 Parte traseira da capela
 Parte traseira da capela


IGR. DE STA. BAIA DA PORTELA

Templo barroco de transición ao neoclasicismo; mais, como é obvio, esta non foi a fisionomía orixinal do templo, posto que durante o medievo debeu seguir o estilo propio daquel entón -lembremos que comeza a ser documentada a existencia desta parroquia a finais do S. XIII-.

O templo ten unha única planta, fachada con espadana centrada ao medio e porta principal con moldaduras características do barroco de placas. No seu interior consérvanse as imaxes da patroa, das virxes do Rosario e do Carme, do Sagrado Corazón, de San Xosé e de Santo Antón de Padua.

Portela, como freguesía, conta con catro núcleos de poboación: O Loureiro de Abaixo, O Loureiro de Arriba, Novás e Portela.

 Parte frontal e lateral da igrexa
 Parte frontal da igrexa
 Parte lateral da igrexa
 Parte traseira da igrexa
 Pequeno cemiterio que se atopa detrás da igrexa
Detalles da parte frontal


IGR. DE STA. Mª DOS BAÑOS DE CUNTIS

Localizada no centro da vila, a igrexa de Santa María foi reconstruída na primeira metade do S. XVIII a partir da fábrica da súa predecesora románica. Ten torre para o campanario e espadana, planta de cruz latina e no seu interior distribúense seis altares con numerosas imaxes relixiosas de importante valor artístico, talladas por escultores como Gambino, Xosé Ferreiro, Francisco Asorey e Uxío Souto. Destacan entre outras pezas a Dolorosa, a Virxe do Carme, o Cristo Xacente -que ademais é articulado- e todo o conxunto de imaxes localizadas no altar maior.

Aínda que este templo conserva unha fisionomía propia do barroco, as súas orixes habería que buscalas, cando menos, no S. XI, cando formaba parte das instalacións cenobíticas do mosteiro de Santa María de Termis. No entanto, sepulturas do altomedievo e da época sueva tamén foron descubertas nas súas inmediacións.

Os núcleos de poboación desta freguesía son: Cuntis, Calvos, O Campo, Cardecide, Castolandín, A Ermida, O Folgoso, Fontecova, Foxacos, Laxos, A Louriña, Meira, Mesego, O Noval, A Paizosa, A Patela, O Pazo, Piñeiros, Porto de Gómez, Rebordelo, O Rogadío, Trasponte, Vilar, Vilariño, Xinzo e Zo.

 Igrexa vista de frente
 Interior
 Interior visto dende o alto
 Ventanal
 Altar
 Cristo Xacente
 Altar
 Altar
 Altar
 Altar
 Altar maior
 Sacristía
 Cristo na cruz
 Libros da sacristía
 Parte traseira da igrexa
Parte traseira da igrexa

Feito por:
  1. Simón López Baños
  2. Ernesto Giménez García
  3. Alexandre Gosende Monteagudo
  4. Rubén Matos Alonso
  5. Aarón Rey Blanco