Cruceiro do Cemiterio
Lugar: rúa da Palma.
Data: SD
Baseamento: cadrangular, con 1 chanzo.
Pedestal: circular, inscrición ilexible.
Varal: octogonal, mide 2 metros aprox. Nel atópase unha figura de San Pedro e unha de San Roque. Ten pousadoiro de ánimas.
Capitel: cadrangular, sen decoración.
Cruz: por un lado aparece Cristo crucificado, e polo outro Cristo morto en brazos da Virxe.
Peto de Ánimas
Lugar: Monumento do Sagrado Corazón
Data: 1945
Baseamento: cadrangular, 5 chanzos.
Pedestal: cadrangular, ten espirales escritas.
Varal: non ten.
Capitel: rectangular.
Cruz: aparece unha imaxe da Virxe.
Cruceiro de Transponte
Lugar: rúa Bernardo Sagasta.
Data: SD
Baseamento: cadrangular, 1 chanzo.
Pedestal: cadrangular, inscrición ilexible.
Varal: octogonal, de 2 metros aprox. Atópase unha figura dun santo (sen recoñecer) por cada lado.
Capitel: cadrangular.
Cruz: por un lado aparece Cristo crucificado, e a outra figura non se pode ver, debido a que esta está pegada a unha parede.
Cruceiro do Convento
Lugar: praza do Convento
Data: SD
Baseamento: cadrangular, un chanzo.
Pedestal: cadrangular, sen inscrición.
Varal: octogonal, 2 metros aprox. Vese unha imaxe de Cristo cos seus pais e anxos.
Capitel: cadrangular.
Cruz: por un lado aparece Cristo crucificado.
Traballo feito por:
- Alexandre Gosende
- Ernesto Giménez
- Simón López
- Aarón Rey