A información sobre as igrexas foi obtida na web de turismo do concello de Cuntis: http://www.turismodecuntis.com/patrimonio.php

viernes, 31 de mayo de 2013

Dende o tradicional ata o moderno

tradiciona


Casa típica galega, arrodeada dun muro de pedra, con porta de madeira e tellado de tella antiga. Dispón dunha cheminea e ten unha gran finca na que se atopa un hórreo. Está actualmente en proceso de restauración.

moderna


Casa moderna que se atopa na zona de A Estrada feita fai pouco. Ten diversos ventanais, un balcón e unha porta de garaxe automatizada, ademais dun xardín pequeno que se atopa na entrada da mesma. Ten dúas plantas, aparte do baixo. Como se pode ver, a casa non integra no medio debido aos seus ventanais e portas azules, que contrastan co verde da natureza.

Feito por Aarón Rey Blanco - 3ºB 

1 comentario: