A información sobre as igrexas foi obtida na web de turismo do concello de Cuntis: http://www.turismodecuntis.com/patrimonio.php

martes, 16 de abril de 2013

IGR. S. BREIXO DE ARCOS DE FURCOS

IGR. S. BREIXO DE ARCOS DE FURCOS


A actual igrexa parroquial de San Breixo, con torre das campás no centro da súa fachada, foi trasladada pedra a pedra dende as proximidades a do lugar de Arcos de Arriba- concretamente do lugar da Manguela,no que houbo un antigo mosteiro que xa existía polo S. IX- aló pola época barroca, como así o demostra o estilo no que está construída.

O templo ten planta de cruz latina e dentro del venérase a San Breixo, a Virxe do Rosario, a Virxe de Monserrat, San Sebastián e multitude de santos máis que complementan o devocionario desta freguesía. Nas inmediacións consérvanse na arquitectura moderna, como tamén tres lumieiras-de arco conopial- pertencentes a un antigo baldaquino datable entre os séculos XV e XVI. En tales restos escultóricos, fincados no muro do adro parroquial, recréanse tres escenas bíblicas: a Natividade, a Adoración dos Reis Magos e o Desencravo de Xesús Cristo. Existiu unha cuarta lumieira, hoxe desaparecida, na que se representaba -segundo parece-, a Anunciación. Un altar de pedra, cos símbolos dos mártires do cristianismo( neste caso facendo alusión a San Breixo), unha pía bautismal e unha sepultura escrita en caracteres góticos completan este pequeno conxunto de interese histórico-artístico; mais non nos debemos esquecer do seu singular cemiterio e o seu cruceiro.

A parroquia conta cos seguintes núcleos de poboación: A Anllada, Arcos, O Caeiro, A Casa da Cruz, A Casiña, Cornado, Ducío, Ferreiros, Furcos, A Gándara,O Piñeiro e Piso.


Campanario

  
Escrituras pola parte de fora da igrexa e pía de pedra


  Parte dianteira da igrexa


  Porta da sancristía


  Pía da auga bendita


 Pía bautismal


A Virxe Do Carme, Santa Lucía, San Xosé

  Santiago Apóstolo,San Antonio e Anxos



 A Virxe do Rosario e máis San Breixo


Igrexa dende arriba

  Cúpula da igrexa

 Cúpula
 
Placa de agradecemento

 Confesionario

 Toda a igrexa

 

Parte de atrás da igrexa



 Igrexia por atrás 
 
Pía bautismal de fora da igrexa



Escrituras na pedra 




  Campanario




  Altar






 Pasillo central 




Feito por: Jessica Magariños
Jhonatan García
Juan Fuentes
Patricia Ruíz
Lucía Calviño

1 comentario:

  1. e poderiades indicar num mapa qual é o lugar da Manguela, onde se supom que estava o mosteiro? Sabedes se ficam restos dele?

    ResponderEliminar