A información sobre as igrexas foi obtida na web de turismo do concello de Cuntis: http://www.turismodecuntis.com/patrimonio.php

martes, 30 de abril de 2013

Igrexa de Santa María de Cequeril

Igr. de Sta. Mª de Cequeril

A primeira referencia documental sobre Santa María de Cequeril data de 1217, asegurándonos que durante esa época xa existía un templo de traza románica e que durante a efervescencia barroca foi derrubado e ideado cunha estética máis moderna. O edificio actual, con torre que se eleva no centro da fachada, contén varias imaxes relixiosas de importante valor historico, como un Santiago Apóstolo, un fragmento do lignum crucis e dous pequenos relicarios cos ósos das santas Honrata e Liberata, que Don Francisco da Ruza e Silva trouxo da "Corte de Roma".
Cómpre deterse e observar o seu cemiterio, no que lápidas de comezos do S. XX e finais do XIX, ou pequenos mausoleos familiares -románticos e modernistas- anuncian con detalle o magnífico labor dos nosos  canteiros.
O Agro do Monte, Cequeril, A Corga de Abaixo, A Corga de Arriba, A Cruz, A Igrexa, Mato, A Penela, Sebil e Vilar de Mato son as entidades de poboación desta parroquia.






  • Cristina Rodríguez Brea
  • Sergio Álvarez Picallo

No hay comentarios:

Publicar un comentario