A información sobre as igrexas foi obtida na web de turismo do concello de Cuntis: http://www.turismodecuntis.com/patrimonio.php

jueves, 25 de abril de 2013

IGREXA DE STA. MARIA DE TROANS, ERMIDA DE SAN ILDEFONSO, CAPELA DO SANTIAGUIÑO DA ERMIDA


                      IGREXA DE STA. MARIA DE TROANS

O primeiro testemuño de freguesía de Troáns data dos albores do S.XI´o que dá conta da súa existencia, cando menos, na centuria anterior. O templo parroquial dedicado á Virxe María e a torre campanario , é fundamentalmente barroco, como todos os seus altares decorados cunha exuberante ornamentación ; no entanto e bastante curiosa a existencia de duas sancrestías e a súa planta basilical, que confecciona dúas naves laterais e unha central , o que nos fai ver nela unhas claras orixe prerrománicas,concretamente do S.X. O edificio antigo , até as remodelacions barrocas , contaba cunha nave central con teitume de madeira , cubertas de tella a dúas augas ; e as colaterais ,igualmente realizadas cos mesmos materiais,con teitume a unha unica auga .
Dentro da imaxineria relixioxa do seu interior podemos destacar , polo seu valor tradiccional , o “ Altar do Demo “, onde se representa un San Miguel Arcanxo matando ao diaño .
O carón de este templo situase a casa reitoral , unha clara proba de poder que tiveron os párrocos desde benificio curado,un testemuño arquitectónico de que os cregos pertencían a outro estamento social .

Contitúen esta parroquia os seguintes nucleos de pobación : O Campo , A Cova ,O Folgar , Guldrigáns , A Hervés , Lornés ,Novás , A Pena de Arriba , A Pena de Vilabar ,Santo Ildefonso ,Sobrada e Vilabar de Abaixo










                                    ERMIDA DE SAN ILDEFONSO


A ermida de Santo Ildefonso , na freguesía de Troáns , é un pequeño templo no que se venera tanto ao declarado Ildefonso , con romaría o 23 de xaneiro,como a San Xoán “ O Batista “ o 24 de xuño . Incluso ,segundo Frei Martiño Sarmiento , antigamente a ermida levaba o nome deste último santo. Sexa como for, do que estamos seguros e de que xa existía no século XVI, aínda que a súa tipoloxía a dominación do santo patrón, as ampliacións constructivas e outras probas fannos ver unhas orixes claramente medievais.
Na súa contorno aínda se conserva algunha casa con certo atractivo en canto á construción en cantería e os soportais de pedras.




                                      CAPELA DO SANTIAGUIÑO DA ERMIDA


Localizadaa no lugar da Ermida, está rovista dun soportal na súa fachada -que terma dun tellado- e erguida unha paraxe moi fermosa, próxima ao río Umia e no interior do campo circundado por vellos carballos e castiñeiros, Osantiaguiño da Ermida é un centro espiritual de grande antigüidades, xa existente no S.XVI aínda que ben puidese ter as súas orixes no medievo xa que esta edificacion dá nome ao lugar, A Ermida.

Ademais do apóstolo venéranse a unha Virxe da Pena (ou da Peña) que contan que apareceu nas inmediacións, xunto a un manantial de auga milagreira que aínda se conserva e que nas súas pedras leva gravado ese suposto milagre mariano.

No que respecta á imaxe de Santiago Apóstolo, había a tradición de mergullalo no interior do río Umia para que o santo lle trouxese boas colleitas aos labregos do lugar e implorar a chegada da choivas cando tocaba ano de seca.

INFORMACION ADICIONAL
Oxe en dia a fonte non bota auga pouco a pouco esta auga foi escarbando na terra ata facer un burato á dereita da fonte que é por onde sae actualmente. A xente da aldea non sabe onde está o manantial nin de donde sae a auga.
Outras teorias sobre que a fonte deixara de botar e a auga saira polo lado e que un veciño foi labrar a súa veiga situada enriba da fonte co cal levantou unha pedra e pensan que era esa pedra a que impidia que auga saira por outros lado que non foran a fontei






Feito por :
Diego Sánchez Iglesias
David García García
Noelia Folgar Limens
Silvia Monteagudo Roma
Natalia Camiña Ferreiro
Isabel Fernández Piñeiro

No hay comentarios:

Publicar un comentario