A información sobre as igrexas foi obtida na web de turismo do concello de Cuntis: http://www.turismodecuntis.com/patrimonio.php

martes, 30 de abril de 2013

IGREXAS DA ANLLADA, PORTELA E CUNTIS

CAPELA DE S. RAMÓN DA ANLLADA

Na freguesía de San Breixo de Arcos de Furcos, no lugar da Anllada, a ermida do San Ramón é a capela de Cuntis construída máis recentemente. Parece ser que foi trasladada das terras estradenses de Vea polo seu crego, D. Ramón de Valenzuela e Carbajales.

Trátase dun templo de considerábeis dimensións, de características arquitectónicas austeras -propias do neoclasicismo- localizado ao carón dun fermoso cruceiro -onde unha dolorosa sostén a espada que lle traspasa o peito- e nun extremo da carballeira da Anllada, onde todos os anos se celebra a romaría na honra do San Ramón.

 Parte frontal da capela
 Parte frontal da capela co cruceiro ao lado
 Interior da capela

 Lateral da capela
 Parte traseira da capela
 Parte traseira da capela


IGR. DE STA. BAIA DA PORTELA

Templo barroco de transición ao neoclasicismo; mais, como é obvio, esta non foi a fisionomía orixinal do templo, posto que durante o medievo debeu seguir o estilo propio daquel entón -lembremos que comeza a ser documentada a existencia desta parroquia a finais do S. XIII-.

O templo ten unha única planta, fachada con espadana centrada ao medio e porta principal con moldaduras características do barroco de placas. No seu interior consérvanse as imaxes da patroa, das virxes do Rosario e do Carme, do Sagrado Corazón, de San Xosé e de Santo Antón de Padua.

Portela, como freguesía, conta con catro núcleos de poboación: O Loureiro de Abaixo, O Loureiro de Arriba, Novás e Portela.

 Parte frontal e lateral da igrexa
 Parte frontal da igrexa
 Parte lateral da igrexa
 Parte traseira da igrexa
 Pequeno cemiterio que se atopa detrás da igrexa
Detalles da parte frontal


IGR. DE STA. Mª DOS BAÑOS DE CUNTIS

Localizada no centro da vila, a igrexa de Santa María foi reconstruída na primeira metade do S. XVIII a partir da fábrica da súa predecesora románica. Ten torre para o campanario e espadana, planta de cruz latina e no seu interior distribúense seis altares con numerosas imaxes relixiosas de importante valor artístico, talladas por escultores como Gambino, Xosé Ferreiro, Francisco Asorey e Uxío Souto. Destacan entre outras pezas a Dolorosa, a Virxe do Carme, o Cristo Xacente -que ademais é articulado- e todo o conxunto de imaxes localizadas no altar maior.

Aínda que este templo conserva unha fisionomía propia do barroco, as súas orixes habería que buscalas, cando menos, no S. XI, cando formaba parte das instalacións cenobíticas do mosteiro de Santa María de Termis. No entanto, sepulturas do altomedievo e da época sueva tamén foron descubertas nas súas inmediacións.

Os núcleos de poboación desta freguesía son: Cuntis, Calvos, O Campo, Cardecide, Castolandín, A Ermida, O Folgoso, Fontecova, Foxacos, Laxos, A Louriña, Meira, Mesego, O Noval, A Paizosa, A Patela, O Pazo, Piñeiros, Porto de Gómez, Rebordelo, O Rogadío, Trasponte, Vilar, Vilariño, Xinzo e Zo.

 Igrexa vista de frente
 Interior
 Interior visto dende o alto
 Ventanal
 Altar
 Cristo Xacente
 Altar
 Altar
 Altar
 Altar
 Altar maior
 Sacristía
 Cristo na cruz
 Libros da sacristía
 Parte traseira da igrexa
Parte traseira da igrexa

Feito por:
  1. Simón López Baños
  2. Ernesto Giménez García
  3. Alexandre Gosende Monteagudo
  4. Rubén Matos Alonso
  5. Aarón Rey Blanco


No hay comentarios:

Publicar un comentario