A información sobre as igrexas foi obtida na web de turismo do concello de Cuntis: http://www.turismodecuntis.com/patrimonio.php

martes, 30 de abril de 2013

IGREXAS DE COUSELO, PORTELA E MESEGO.


  IGREXA DE SAN MIGUEL DE COUSELO.


O antigo templo parroquial de San Miguel de Couselo estivo localizado na aba oriental do monte Xesteiras e, durante a súa historia , sufriu diversos cambios arquitectónicos importantes. Sabemos que con anterioridade fora prerrománica , xusto cando formaba parte dos inmóbeis dun mosteiro que se fundara na Alta Idade Media; logo, durante o S. XII absorbería a estética románica e, pouco a pouco , entrados no barroco, a súa faciana iría cambiando. O mestre de cantería cuntiense Isidoro Gontad, en 1791, desfaría a antigua portada deste edificio e construiríaa nun estilo propiamente barroco.

Coo tempo, a igraza trasladaríase até o lugar onde hoxe se encontra, ao pé do lugar de Mourigade, deixando  o seu antigo predio - na aba oriental do monte Xesteiras- para se erixir de novo, mais con outro aspecto, totalmente neoclásico. A obra, dunha única nave e con espadana para as campás centrada no alto da fachada, executaríase durante o ano 1899. Na actualidade aínda podemos comprobar nos seus muros algúns restos arquitectónicos do seu pasado románico, así como numerosas marcas de canteiros demostran a antigüidade desas pedras labrasm hoxe aproveitadas para unha construción decimonónica.

Conta esta freguesía con tan só seis lugares: As Carballas, Constenla, Couselo, Mourigade, O pazo e A Raxeira.





SANTIARIO DA NOSA SEÑORA DO CASTRO LOUREIRO

No lugar do Loureiro de Arriba sitúase unha ermida e santuario, do que a hai constancia da súa existencia na primeira metade do S. XVI , cando era unha ermifa considerábel e o lugar no que se atopa destaca pola súa fermosura dende onde se albisca o monte Xesteiras  e o promontorio do Castro de Arcos.  Posúe un soportal ou cuberto cara ao lateral norte, no que se alberga un altar exterior de pedra e un anuncio polo cal se avisa das indulxencias que pode acadar os que, até alí, se dirixan con fervor para acadar o perdón.

Aínda que se ten coñecido co nome da Capela do Loreto - por mor da devoción que no seu interior se venera- non deixa de ser este un xeito particular de sincretismo , de apropiación de cultos pagáns pola Igrexa.  E dicimos isto posto que a súa denominación máis atifa era a de Nosa Señora do Castro Loureiro, e Loreto non ven a ser máis que a castelanización do topónimo e, ao mesmo tempo, a substitución dun culto popular por outra aceptada polo cristianismo.

Con esta denominación - a de Nosa Señora do Castro Loureiro- aparece no seu máis vetusto libro de fábrica, no que se comezaron a rexistrar noticias no ano 1678.




CAPELA DE SAN RAMÓN DE MESEGO

Capela de reducido tamaño localizada no lugar de Mesego no interior  dunha pequena carballeira . Noutro momento tivo connotacións de santuario e no corazón dos seus herméticos muros venéranse tanto a San Ramón como a Santa Apolonia , santos dos que aínda hoxe en día perduran as súas celebracións.

Contan o veciños deste luga que existíu outro templo, capela ou pequena igrexa da que quedan ruinas escondidas entre o manto vexetal que recobre os agrestes horizontes , cheos de maxia e tranquilidade. Era a lendaria ermida de Santa Ana.




Traballo feito por:
  • Fadi Abdulkader Sande
  • Francisco Nuñez Campos
  • Jennifer Couso Hermida
  • Roi Fuentes Castro


No hay comentarios:

Publicar un comentario